top of page
As nosas actividades
Proxectos, convenios, xornadas e novas de EconLabGalicia.
- O Parlamento Europeo contará con EconLabGalicia para avaliar o impacto económico da cooperación transfronteiriza (2026-07-02) – EconLabGalicia, da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela (USC), foi seleccionado pola Comisión de Desenvolvemento Rexional (REGI) do Parlamento Europeo para elaborar un estudo sobre o impacto económico da cooperación transfronteiriza na Unión Europea. O traballo analizará como a xestión compartida de servizos públicos, infraestruturas e equipamentos entre rexións fronteirizas pode contribuír a mellorar a eficiencia do gasto público e a...
- EconLabGalicia presenta a experiencia de Galicia na OCDE como referente na xestión de riscos fiscais. (2026-04-24) – Santiago Lago-Peñas participou na sede central da OCDE en París na presentación de Galicia como o único estudo de caso autonómico español incluído na análise da xestión de riscos fiscais subnacionais. O director de EconLabGalicia expuxo os resultados do estudo elaborado para a organización xunto con María Cadaval Sampedro, Xoaquín Fernández Leiceaga e Alejandro Domínguez Lamela. A comunidade autónoma de Galicia é o único caso español incluído no informe da OCDE, un recoñecemento que pon de...
- EconLabGalicia amplía a colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración (2026-02-20) – EconLabGalicia e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración renovaron o convenio de colaboración para o desenvolvemento de actividades de avaliación de políticas públicas de emprego e formación ao longo do ano 2026. Este convenio ten como principal obxectivo fomentar a realización de investigacións e informes técnicos que permitan coñecer con precisión os efectos das políticas de emprego e formación desenvolvidas pola Xunta de Galicia. A colaboración permitirá analizar o impacto real da...
- EconLabGalicia colabora co IVIE na análise do impacto económico de Mercadona en Galicia (2025-06-23) – EconLabGalicia, unidade de investigación da Universidade de Santiago de Compostela, colabora co Instituto Valenciano de Investigaciones...
- EconLabGalicia e o IGAPE impulsan unha colaboración para avaliar os instrumentos de promoción económica de Galicia (2025-06-10) – EconLabGalicia e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) assinan un convenio de colaboración para desenvolver, ao longo de...
- EconLab Galicia lanza un proxecto coa OCDE para avaliar os riscos fiscais en gobernos subcentrais (2025-06-03) – EconLabGalicia iniciou un proxecto xunto coa Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) para analizar os riscos fiscais e as ferramentas coas que os gobernos subcentrais enfrontan estes retos. O obxectivo é profundar nos eventos e imprevistos que poden causar desviacións significativas nos ingresos ou gastos respecto aos orzamentos, afectando a estabilidade financeira local. Estes riscos inclúen choques macroeconómicos inesperados, como crises financeiras ou...
- Convenio de colaboración coa Conselleria de Facenda - EGAP (2025-05-28) – Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025 – O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, asinaron esta mañá un convenio de colaboración institucional para o desenvolvemento de actividades de estudo, investigación e divulgación en materia de análise económica e financeira das políticas públicas. Este acordo, que se canaliza a través do EconLab Galicia, supón un paso firme cara ao fortalecemento da...
- Éxito rotundo das XII Xornadas RIFDE sobre Finanzas Autonómicas , patrocinadas por EconLabGalicia (2025-05-28) – Santiago de Compostela acolleu os días 20 e 21 de maio as XII Xornadas da Rede de Investigadores en Financiamento Autonómico e Descentralización Financeira en España (RIFDE), baixo o lema “Á espera das reformas”. O evento, celebrado na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, reuniu a destacados académicos, autoridades autonómicas e expertos para debater os grandes desafíos do sistema de financiamento autonómico en España. A sesión inaugural...
- EconLabGalicia avaliará as políticas activas de emprego e formación impulsadas polo Goberno autonómico da Xunta (2025-02-14) – A USC e a Xunta firman un convenio de colaboración para a creación de EconLabGalicia
- Nace EconLabGalicia (2025-01-01) – EconLabGalicia arranca en 2025 co obxectivo de avaliar a eficacia e eficiencia das políticas públicas e deseñar alternativas innovadoras
bottom of page