top of page

EconLab Galicia lanza un proxecto coa OCDE para avaliar os riscos fiscais en gobernos subcentrais

  • Keyla Sofía Baptista Bastos
  • Jun 3
  • 1 min read

EconLabGalicia iniciou un proxecto xunto coa Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) para analizar os riscos fiscais e as ferramentas coas que os gobernos subcentrais enfrontan estes retos. O obxectivo é profundar nos eventos e imprevistos que poden causar desviacións significativas nos ingresos ou gastos respecto aos orzamentos, afectando a estabilidade financeira local.


Estes riscos inclúen choques macroeconómicos inesperados, como crises financeiras ou fluctuacións de mercado, así como cambios estruturais na economía, especialmente a dixitalización e o cambio climático, que aumentan a complexidade e a intensidade dos riscos.


Ante esta realidade, os gobernos subcentrais deben adaptarse constantemente, adoptando as mellores prácticas internacionais para garantir unha xestión financeira eficiente e resiliente.


O proxecto, que se desenvolverá durante 2025, busca ofrecer unha análise rigorosa e recomendacións prácticas baseadas en datos, experiencias internacionais e estudos de caso. Os resultados estarán dispoñibles no primeiro semestre de 2026, e contribuirán a fortalecer a estabilidade financeira e a capacidade de resposta das administracións locais.


Con esta iniciativa, EconLabGalicia reafirma o seu compromiso coa investigación aplicada e a cooperación internacional para impulsar solucións innovadoras que promovan un desenvolvemento sostible e finanzas públicas máis resilientes.




 
 
bottom of page