top of page

EconLabGalicia avaliará as políticas activas de emprego e formación impulsadas polo Goberno autonómico da Xunta

  • Writer: Alejandro Domínguez Lamela
    Alejandro Domínguez Lamela
  • Feb 14
  • 1 min read

O Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, e o Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, asinaron este martes un convenio de colaboración que promove a realización de estudos que avalíen a eficacia e eficiencia das políticas activas de emprego e formación impulsadas polo Goberno de Galicia.


O acordo, que se articula a través de EconLab Galicia, busca dotar dun marco metodolóxico rigoroso á avaliación das iniciativas en materia de políticas activas de emprego e formación. A investigación aplicada que levará a cabo este laboratorio de políticas públicas permitirá medir o impacto real das mesmas, co fin de mellorar o seu deseño e adaptalas ás necesidades do mercado laboral e da sociedade galega.

A metodoloxía innovadora que propón EconLabGalicia incluyeel deseño do marco metodolóxico, a elección das ferramentas máis adecuadas, a creación de indicadores de avaliación e seguimento, así como o fomento do debate técnico ao redor da empregabilidade. Este enfoque contribuirá á toma de decisións informadas no ámbito das políticas públicas, promovendo unha cultura de transferencia de coñecemento e participación social.


Durante a firma, o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, subliñou a relevancia de contar co coñecemento de profesionais especializados e de xerar instrumentos de análises que permitan no impacto das políticas de emprego. Pola súa banda, o Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, cualificou o convenio como “un paso fundamental” cara a unha fiscalización “independente, autónoma e rigorosa” das medidas de empregabilidade en Galicia.






Fontes:



 
 
bottom of page