Convenio de colaboración coa Conselleria de Facenda - EGAP
- Alejandro Domínguez Lamela

- May 28
- 1 min read
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025 – O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, asinaron esta mañá un convenio de colaboración institucional para o desenvolvemento de actividades de estudo, investigación e divulgación en materia de análise económica e financeira das políticas públicas.
Este acordo, que se canaliza a través do EconLab Galicia, supón un paso firme cara ao fortalecemento da colaboración entre a administración pública e o ámbito académico, coa finalidade de promover un coñecemento máis profundo, rigoroso e aplicado das políticas públicas dende unha perspectiva económica.
Grazas a este convenio, EconLab Galicia impulsará:
✅ Estudos sobre financiamento autonómico, prestando especial atención ás especificidades e necesidades do caso galego.
✅ Organización de eventos, xornadas e encontros técnicos destinados á difusión do coñecemento económico aplicado á xestión pública.
✅ Investigación aplicada, orientada a mellorar a eficiencia, eficacia e transparencia das políticas públicas desenvolvidas en Galicia.
Este acordo reforza o papel de Galicia como territorio pioneiro na aposta pola avaliación baseada na evidencia, a análise económica e a mellora continua da acción pública. A través desta iniciativa, a Xunta e a USC reafirman o seu compromiso coa transparencia, o bo goberno e a innovación institucional ao servizo da cidadanía.



