EconLabGalicia colabora co IVIE na análise do impacto económico de Mercadona en Galicia
EconLabGalicia, unidade de investigación da Universidade de Santiago de Compostela, colabora co Instituto Valenciano de Investigaciones Económicas (IVIE) na realización dun estudo técnico sobre o impacto económico da actividade de Mercadona en Galicia ao longo de 2024.
O proxecto, actualmente en execución e financiado por Mercadona, ten como finalidade principal ofrecer unha estimación rigorosa da súa contribución á economía galega.
Neste marco, o traballo de análise permitirá dispor de información agregada e por sectores sobre distintos indicadores económicos clave, proporcionando unha visión global da presenza da compañía no territorio galego.
Con esta colaboración, EconLabGalicia reforza o seu compromiso coa análise económica aplicada e co desenvolvemento territorial, poñendo o coñecemento ao servizo da toma de decisións baseada en evidencias.



