EconLabGalicia amplía a colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
- Feb 20
- 1 min read
EconLabGalicia e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración renovaron o convenio de colaboración para o desenvolvemento de actividades de avaliación de políticas públicas de emprego e formación ao longo do ano 2026.
Este convenio ten como principal obxectivo fomentar a realización de investigacións e informes técnicos que permitan coñecer con precisión os efectos das políticas de emprego e formación desenvolvidas pola Xunta de Galicia.
A colaboración permitirá analizar o impacto real da implementación das políticas de emprego e formación no mercado laboral e propoñer medidas de mellora para unha planificación futura máis eficaz.
Este acordo reforza o compromiso de EconLabGalicia coa análise rigorosa das políticas públicas e coa xeración de evidencia empírica que contribúa a mellorar a toma de decisións públicas, promovendo un mercado laboral máis eficiente.



