EconlabGalicia na revista Eco
- Keyla Sofía Baptista Bastos
- Sep 25, 2025
- 1 min read
A Eco-Revista do Eixo Atlántico, no seu número de xullo, fai referencia ao noso traballo en EconLAB (USC) sobre o impacto económico de Mercadona en Galicia.
Este estudo, realizado en colaboración co Instituto Valenciano de Investigacións Económicas (IVIE), ofrece unha estimación rigorosa da contribución da compañía á economía galega ao longo de 2024. A análise abrangue tanto datos agregados como información sectorial, permitindo medir o seu peso en variables clave como o emprego, a produción e a xeración de valor engadido.
Para EconLAB, que este proxecto teña difusión pública é fundamental: supón unha oportunidade para achegar a investigación universitaria á sociedade, amosando como a análise económica pode contribuír a un maior coñecemento do tecido produtivo e a unha toma de decisións máis fundamentada.



