top of page

EconLabGalicia e o IGAPE impulsan unha colaboración para avaliar os instrumentos de promoción económica de Galicia

  • Keyla Sofía Baptista Bastos
  • Jun 10
  • 1 min read

EconLabGalicia e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) assinan un convenio de colaboración para desenvolver, ao longo de 2025, unha investigación aplicada centrada na avaliación das políticas públicas de incentivos financeiros implementadas pola Xunta de Galicia entre 2019 e 2024.


O obxectivo do proxecto é desenvolver unha investigación aplicada que:

  • Propoña unha metodoloxía rigorosa para avaliar este tipo de políticas públicas,

  • Analice a súa eficacia no crecemento das empresas galegas e na atracción de novos investimentos,

  • Estude o impacto económico e industrial destes incentivos na comunidade,

  • Compare a experiencia galega con outras rexións de España, o norte de Portugal e países como Francia, Alemaña, Italia e Polonia,

  • E formule propostas de mellora baseadas en evidencias.


A investigación será realizada polo EconLabGalicia e contempla accións de difusión dos resultados, como a celebración dunha xornada de traballo co sector económico e a publicación dun documento de síntese coas principais recomendacións.


Con esta iniciativa, EconLabGalicia e o IGAPE reforzan o seu compromiso coa mellora continua das políticas públicas e co impulso dun desenvolvemento económico sostible, eficiente e baseado en evidencias.



 
 
bottom of page